CO-CREANDO ESPAZO PÚBLICO

 

Workshop de urbanismo participativo

Proxecto


O Concello de Segura da un novo paso adiante no proceso participativo que levou a cabo coa cidadanía para a transformación do espazo central de relación e representación do pobo. Este espazo está configurado pola praza, o rebote, frontón e arboredo. Co obxectivo de dar forma ás necesidades e desexos formulados pola cidadanía, organizouse agora este taller que agrupa disciplinas como a arquitectura, urbanismo, socioloxía, medio ambiente, arte,…

O taller será desde o 17 até o 22 de abril, en Segura (Guipúscoa), e está dirixido a estudantes e novos profesionais da arquitectura e urbanismo, a calquera disciplina que participe na xeración do espazo público, e a persoas que queren co-crear espazo público.

O obxectivo é presentar propostas formais partindo das necesidades e desexos identificados no proceso, unindo as características históricas do lugar e o contexto social e espacial actual.

Os temas de traballo son amplos e complexos: a mobilidade, os coidados, os espazos cubertos, o xogo, o traballo, o tempo de lecer, a cultura,… de aí que se prevé a creación de diferentes grupos que traballen no mesmo lugar e nos mesmos temas, para obter así así diversas propostas.

As propostas serán representadas en maquetas e planos, e a cidadanía será parte activa no proceso do taller. Polas mañás, realizaremos o traballo interno das persoas participantes no workshop, e polas tardes, abriremos o taller, para traballar coa cidadanía de Segura. Pola noite, haberá diferentes charlas, nas que coñeceremos polo miúdo a historia e os condicionantes locais, e diferentes maneiras de ver ou de traballar no espazo público.

Participantes


Estudantes dos últimos cursos ou recentemente titulados e tituladas en arquitectura e urbanismo. A convocatoria tamén está aberta á arte, socioloxía, xeografía, antropoloxía,…

Idioma


O idioma prioritario será o éuscaro, e a comunicación noutros idiomas, será benvida.

Temas  traballados


Participación        Urbanismo      Espazo público        Sustentabilidade        Coidados                 Xénero Igualdade           Arquitectura              Medio Ambiente               Desenvolvemento local          Identidade e espazo            Natureza e cultura                Historia           Diversidade   mobilidade              cultural             accesibilidade universal   …

 

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s